Presentamos o microvídeo “As irmás Mirabal” que foran asasinadas un 25 de Novembro e hoxe en día é a data reivindicativa contra a violencia de xénero. Foi elaborado polo alumnado do Colexio Atlántida S. Coop. Galega de Vigo, participante no Certame “Mulleres destacadas da nosa Historia”, un concurso de microvídeos para cooperativas de ensino que Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas realiza en colaboración coa empresa de economía social Animosa. O certame quere darlle visibilidade a mulleres da historia con motivo do Día Internacional da Muller 2017 e traballar a aptitude cooperativa
Colexio plurilingüe