A Biblioteca Escolar é un espazo educativo, que contén todos aqueles materiais informativos que necesita o centro para desenvolver a súa tarefa docente, baixo a supervisión de persoal cualificado, e as súas actividades recóllense no Proxecto Educativo de Centro, Proxecto Curricular de Centro e Programación Xeral Anual.
A biblioteca proporciona e ofrece acceso á información e á materiais complementarios por diferentes vías. Constitúe, ademais, un lugar favorable para o estudo, a investigación, o descubrimento, a autoformación e a lectura.
Proporcionar un continuo apoio ao programa de ensinanza e aprendizaxe.
Asegurar o acceso a unha ampla gama de recursos e servizos.
Dotar aos estudantes das capacidades básicas para obter e usar diversos recursos.
Habitualos á utilización das bibliotecas con finalidades lúdicas, informativas e de educación permanente.