O Noso Centro

O Noso Centro

O Colexio Atlántida é unha Cooperativa de Ensinanza. Fundada no ano 1968 por Francisca Camacho Góngora, funcionou como unha S.L. ata que no ano 1996, pola implantación da LOXSE, foi adquirido polos mestres que en ese momento traballaban alí, constituíndose así o novo centro que está hoxe a funcionar e no que se imparten ensinanzas desde 4º de Infantil ata 4º de ESO.

Este é un centro cunha ampla traxectoria docente e, na actualidade, está formado por 22 mestres entre os cales 16 somos cooperativistas.

O colexio está situado en Bouzas, aínda que tamén comprende unha pequena parte de Coia e Alcabre.

Somos un colexio dunha sola línea, laico e nos caracteriza a nosa cercanía, familiaridade e accesibilidade.

Se queres vir a vernos estaremos encantados de atenderte.


Niveis educativos

Educación Infantil ………………………….. 3 unidades
Educación Primaria ………………………. 6 unidades
Educación Secundaria ………………….. 4 unidades