Contamos cun patio dividido en dúas zonas diferenciadas, unha aberta e outra parte cuberta para que os nosos alumnos non renuncien a respirar aire fresco por mor da chuvia.
Nas dúas partes garántense as medidas de seguridade máximas para os nenos, así como os servicios necesarios para o seu desenvolvemento social.
As nosas instalacións contan cos aparellos necesarios para o desenvolvemento físico dos nosos alumnos, sempre supervisados por un mestre especializado.
A nosa máxima é crear un ambiente onde a seguridade estea por encima de todo, evitando correr riscos innecesarios, facilitando a súa integración sen esquecer tampouco o sentido lúdico desta materia.
Os primeiros pasos na informática son moi importantes. Plantexamos un itinerario dende o máis básico de Windows ata o deseño gráfico, sen esquencer que a internet pode ser unha ferramenta da información moi útil se sabemos manexala cun sentido práctico.
Hoxe en día temos claro que esta é unha materia necesaria e de futuro, e contamos cos equipos axeitados para acadar os niveis demandados polo alumnado.