1.Para sacar un libro da biblioteca debes presentar o carné.

2. Debes gardar silencio. Se tes que dicir algo, faino moi baixiño.

3. Diríxete ao andel do teu curso ou pídelle axuda ao profesorado que estea nese momento na biblioteca.

4. Só podes sacar novos libros cando devolvas os anteriores.

5. Coida os libros para que outras persoas podan lelos coma ti.

6. Cando esteas elixindo un libro, volve deixar no seu lugar os que non vaias levar.

7. Cando xa teñas elixido o libro, diríxete á bibliotecaria para que o rexistre no ordenador.

CPR.ATLÁNTIDA

CURSO 2018-2019