Blog Biblioteca

Axudantes da biblioteca 2018/2019

Axudantes da biblioteca 2018/2019

Normas da Biblioteca: Servizo de préstamos

Normas da Biblioteca: Servizo de préstamos

1.Para sacar un libro da biblioteca debes presentar o carné.

2. Debes gardar silencio. Se tes que dicir algo, faino moi baixiño.

3. Diríxete ao andel do teu curso ou pídelle axuda ao profesorado que estea nese momento na biblioteca.

4. Só podes sacar novos libros cando devolvas os anteriores.

5. Coida os libros para que outras persoas podan lelos coma ti.

6. Cando esteas elixindo un libro, volve deixar no seu lugar os que non vaias levar.

7. Cando xa teñas elixido o libro, diríxete á bibliotecaria para que o rexistre no ordenador.

CPR.ATLÁNTIDA

CURSO 2018-2019

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO!

Despois dunhas merecidas vacacións, iniciamos este curso con moitas novidades.

Queredes coñecelas? Vémonos na biblio!!

LEOPOLBO, O AVENTUREIRO!

LEOPOLBO, O AVENTUREIRO!

Aquí tedes unha nova banda deseñada coa nosa mascota como protagonista absoluto.

A autora é Nerea Rodríguez Durán, de 3º de ESO.

Leopolbo vai vivir unha experiencia apaixoante.

Queredes acompañalo?

 

CÓMIC 2- 3ºESO

 

LEOPOLBO, O NOVO BIBLIOHEROE!!

LEOPOLBO, O NOVO BIBLIOHEROE!!

Ola!

Aquí tedes o primeiro capítulo dunha banda deseñada elaborada por dous alumnos de 3º de ESO: Alberto Fernández Malvar e Adrián Rodríguez Villares.

Estou moi contento porque eu son o protagonista!!

Espero que vos guste!!

CÓMIC 3ºESO

Rincón de lectura

Rincón de lectura

Aquí tedes unhas fotos para que miredes como o alumnado de 3º de Eso pintou o novo rincón de lectura na biblio:

Fixeron un traballo estupendo guiados pola súa mestra de Plástica, Susana.

E aquí tedes o resultado:

Moitísimas grazas!!!

 

Novidades para 2º, 3º e 4º de Primaria!!

Novidades para 2º, 3º e 4º de Primaria!!

Grazas a un agasallo, temos libros novos.

Son estes:

((Libros do  1 ao 8)                                  (Libros  5 e 6)

 

 

Pasádevos pola biblioteca se queredes vivir estas divertidas aventuras!!

 

Presentación de Leopolbo!!

Presentación de Leopolbo!!

 

Ola! Benvidos/as ó blog da biblioteca do Colexio Atlántida!

Son Leopolbo, a súa mascota.

Debuxáronme os alumnos e as alumnas de 3º de Primaria, que gañaron o concurso celebrado o pasado mes de novembro.

Como estaba un pouco pálido, vestínme de laranxa para esta ocasión. Espero que vos guste!

A miña afección favorita é a lectura,  así que…vémonos na biblio!!