O Colexio Atlántida, en colaboración co Concello de Vigo, organiza a 1ª Carreira Escolar Solidaria. Está dirixida a todos os nenos e nenas, principiantes ou aficionados ao atletismo, para fomentar o deporte en idade escolar e cun fin benéfico.

DÍA E HORA: Domingo, 15 de Xuño a partires das 10 horas.

RECORRIDO: A salida e a chegada será na Alameda Suárez-Llanos de Bouzas, con diferentes recorridos dependendo das idades dos participantes.

PARTICIPACIÓN: A carreira vai dirixida a todos os nenos e todas as nenas en idades escolar obligarotia. Tamén haberá unha carreria para que poidan participar os país, as nais e os mestres e as mestras que queiran.

INSCRIPCIONES: o precio da inscripción é de 1€. Formalizarase na Colexio Atlántida en horario de 16.00 a 18.00 horas. O plazo remata o 10 de xuño. Non se realizará ninguna inscripción o día da proba.

DORSAIS: Os dorsais poderán recollerse o día na proba a partires das 9.30 horas.

FIN BENÉFICO: A totalidade da cuantía das inscripcións donaranse á familia de Álex Guntín (neo con parálise cerebral). Tamén haberá puntos de recollida de tapóns de plástico e de comida non perecedeira.

CLASIFICACIÓN: Haberá unha clasificación por categoría e sexo, pero sen cronometraxe.

TROFEOS: Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados en cada categoría.

PREMIOS E AGASALLOS: Todos os participantes recibirán unha medalla á chegada á meta. Tamén terán dereito a participar no sorteo final de diferentes agasallos ofertados polas firmas colaboradoras.

RESPONSABILIDADE: A participación na carreira está baixo a responsabilidade dos país, das nais e dos titores dos nenos e nenas pareticipantes. A organización dispón dun seguro de responsabilidade civil.

DESCALIFICACIÓNS: Debido ao carácter popular e benéfico da carreira non se atenderá a posibles reclamacións por parte dalgún participante.

HORARIO:

  • 10.00 h. nenos/as dos anos 1998-1999
  • 10.30 h. nenos/as dos anos 2000-2001
  • 11.00 h. nenos/as dos anos 2002-2003
  • 11.30 h. nenos/as do ano 2008 en adiante cos seus pais/nais
  • 11.45 h. nenos/as dos anos 2004-2005
  • 12.00 h. nenos/as dos anos 2006-2007
  • 12.15 h. pais, nais e mestres/as
  • 12.30 h. espectáculo amenizado polo paiaso PEBETE
  • 13.00 h. entrega de trofeos e sorteo de agasallos.

Cartel “Corremos X Álex”